TEMA 1 - Exercicios páx.13 (1 - 2 - 3 - 4)


TEMA 1

1) O citoesqueleto constitúe unha rede proteica que dá soporte ao citoplasma e é responsable do movemento celular. Os seus compoñentes son:
  • Microfilamentos: participan na contracción muscular e no proceso de citocinese da división celular.
  • Filamentos intermedios: axudan a manter a forma celular.
  • Microtúbulos: forman o fuso mitótico e os cilios e flaxelos.
2) O axonema está formado por pares de microtúbulos que permiten o  movemento das células. Atópase nos flaxelos.
A diferencia entre cilios e flaxelos é que os flaxelos son prolongacións das células e os cilios son máis curtos e máis numerosos.

3) O retículo endoplasmático é unha rede de sacos e túbulos membranosos intercomunicados. Hai dous tipos:
  • Retículo endoplasmático rugoso: sintetizan proteínas.
  • Retículo endoplasmático liso: elimina sustancias tóxicas e produce lípidos.
 4) Os lisosomas son vesículas membranosas que conteñen encimas. Gracias a elas lévase a cabo a dixestión intracelular.




 
  

Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 6 páx 109 (1 - 2 - 3 - 4)

TEMA 4 pax 63 (1 - 2 - 3 - 4)

TEMA 2 - O ciclo de vida da célula