TEMA 4 pax 63 (1 - 2 - 3 - 4)
1) O código xenético detemínao a secuencia de tres nucleótidos (triplete), é un código dexenerado, hai tres tripletes que non codifican para ningún aminoácido e o código xenético é universal. Lys (lisina).
2) ACGTAGGCAATTGGCT.
3) A transcrición é o proceso polo que a secuencia de nucleótidos dun xene de ADN se copia nunha molécula de ARN mensaxeiro. As bases U, G, C e A do ARNm, únense ás bases A, C, G e T do ADN respectivamente. Así cópiase a información xenética da cadea codificante de ADN, na molécula de ARNm.
A tradución é o proceso polo que se realiza a unión dos aminoácidos na secuencia ditada polos tripletes do ARNm, e segundo as claves do código xenético. Realízase nos ribosomas.
Comentarios
Publicar un comentario