TEMA 10 páx 201 (1-2-3-4-5-6)
1) O Precámbrico comezou hai uns 4.560 millóns de anos e rematou hai 541 millóns de anos. Comprende os eóns Proterozoico, Arcaico e Hadeano.
2) Os fósiles de organismos que viviron durante o Precámbrico son tan escasos porque practicamente a totalidade dos organismos debían ser de corpo brando, moi fráxiles e desprovistos de partes duras que puidesen fosilizar.
3) A atmosfera primitiva era rica en hidróxeno, metano, vapor de auga e amoníaco, pero non contiña osíxeno. Hai preto de 3.500 millóns de anos apareceron as cianobacterias nos mares primitivos. Estas bacterias, ao realizar a fotosíntese, emitían osíxeno ao medio. O osíxeno libre comezou a producir reaccións de oxidación e foise acumulando na auga do mar. Isto causou a extinción de moitas especies.
4) As algas.
5) Considérase que as primeiras glaciacións foron debidas á consecuencia da actividade fotosintética das cianobacterias. O osíxeno liberado na fotosíntese foi destruíndo o metano. Sen o metano, o planeta entrou nun período glacial e o xeo chegou ata os océanos ecuatoriais.
6) Formouse grazas á aparición do osíxeno atmosférico. O ozono acumulouse e formou a capa de ozono, unha capa protectora que permitiu a vida fóra da auga.
Comentarios
Publicar un comentario