TEMA 8 páx 159 (1-2-3-4-5-6-7-8)
1) Existen 3 tipos de desenvolvemento económico:
- Explotación incontrolada: prevalece o desenvolvemento económico sobre a conservación do medio natural.
- Conservacionismo sen concesións: conservación do medio natural sobre o desenvolvemento económico.
- Desenvolvemento sustentable: o equilibrio entre a conservación do medio natural e o desenvolvemento económico.
2) O desenvolvemento sustentable é o modelo que satisfai as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades.
3) 5 accións coas que podo contribuír:
- Comprar produtos reciclables e ambientalmente seguros.
- Utilizar os colectores selectivos.
- Plantar árbores.
- Doar roupas e obxectos usados a ONGs.
- Utilizar o transporte público e a bicicleta.
4) Na Comisión Mundial sobre o Medio Natural e o Desenvolvemento.
5) A pegada ecolóxica é a estimación da presión que exercemos sobre o medio natural. Exprésase en hectáreas.
6) Téñense en conta o tipo de vivenda, o consumo de enerxía, o tipo de desprazamento, a fabricación dos obxectos que compramos, os alimentos que consumimos, os residuos que producimos, etc.
7) O déficit ecolóxico determínase cando a pegada ecolóxica supera a biocapacidade.
8) Non pescar en esceso e non contaminar os océanos para que se poidan desenvolver máis especies.
Comentarios
Publicar un comentario