TEMA 8 páx 151 (1-2)
1) Utilizamos a potabilización para poder facer uso da auga para uso persoal, para beber, para cociñar, etc.
2) As etapas do proceso de depuración da auga son:
- Filtración: reixas que manteñen madeiras, plásticos, cartón, paus, follas, etc.
- Desareado e desengraxado: retíranse as partículas de tamaño areoso que se depositan no fondo, e o material flotante.
- Decantación primaria: extráense as graxas e lodos ou lamas, en tanques circulares mediante decantación.
- Tratamento biolóxico: os microorganismos degradan a materia orgánica.
- Decantación secundaria: a materia orgánica e os microorganismos deposítanse formando lodos que se extraen. A auga obtida, aínda que estea depurada, non é potable se non se potabiliza.
- a) Dixestión de lodos: en depósitos pechados os lodos sométense a reaccións de fermentación e estabilízase a materia orgánica.
- b) Secado de lodos: realízase mediante procesos como a calor a presión; adición de compostos, como cal: centrifugación ou outros.
Comentarios
Publicar un comentario