Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

TEMA 8 páx 161 (1-2-3)

1) Tipos de residuos: Sector primario : mondas de plátano e excrementos de cabalo. Sector secundario : restos de bañeira. Sector terciario : botella de vidro, xiringas de hospitais. 2) Estratexia dos 3R : R de Reducir : eliminar ou reducir, en orixe, a xeración de residuos, fabricando produtos limpos e orientando o consumo cidadán cara a produtos máis ecolóxicos. R de Reutilizar : recuperación de residuos e no emprego dos mesmos en procesos de fabricación distintos. R de Reciclar : os residuos empréganse para os mesmos procesos nos que se produciron. 3) Xornais, latas de refresco.

TEMA 8 páx 159 (1-2-3-4-5-6-7-8)

Imagen
1) Existen 3 tipos de desenvolvemento económico: Explotación incontrolada : prevalece o desenvolvemento económico sobre a conservación do medio natural. Conservacionismo sen concesións : conservación do medio natural sobre o desenvolvemento económico. Desenvolvemento sustentable : o equilibrio entre a conservación do medio natural e o desenvolvemento económico. 2) O desenvolvemento sustentable é o modelo que satisfai as necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades. 3) 5 accións coas que podo contribuír: Comprar produtos reciclables e ambientalmente seguros. Utilizar os colectores selectivos. Plantar árbores. Doar roupas e obxectos usados a ONGs. Utilizar o transporte público e a bicicleta. 4) Na Comisión Mundial sobre o Medio Natural e o Desenvolvemento. 5) A pegada ecolóxica é a estimación da presión que exercemos sobre o m...

TEMA 8 páx 157 (1-2-3-4)

Imagen
1) Os cereais máis consumidos son o arroz, o millo e o trigo. 2) Polo, vaca, cabalo, pavo, etc. 3) Que se pode chegar ao punto ou na situación no que moitas especies acuáticas desaparezan.  4) Os insectos son un recurso moi utilizado nas comidas asiáticas. Carne de canguro, carne de cocodrilo, etc.

TEMA 8 páx 155 (1-2)

Imagen
1) Utilizaría enerxía solar fotovoltaica. 2) Para a enerxía solar necesítase unha gran cantidade de luz solar. Para a enerxía eólica necesítase unha gran cantidade de vento. Para a enerxía xeotérmica necesítase a calor interna da Terra.

TEMA 8 páx 153 (1-2-3-4)

Imagen
1) As enerxías non renovables son os combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas natural) e a enerxía nuclear de fisión . 2) O carbón é un combustible fósil que se forma como resultado da acumulación de materia orgánica vexetal e o seu posterior enterramento en zonas pantanosas. O petróleo fórmase a partir de materia mariña (principalmente procedente do plancto) que queda atrapada nos sedimentos e se transforma como resultado do aumento da presión e temperatura durante o enterramento. 3) Os principais inconvenientes son a seguridade e o almacenamento dos residuos nucleares. 4) Porque poden contaminar a auga dos acuíferos , tanto por aditivos químicos como por fugas de metano, o gas que se extrae da rocha de xisto, e a xeración de sismos durante o proceso de fractura das rochas.

TEMA 8 páx 151 (1-2)

Imagen
1) Utilizamos a potabilización para poder facer uso da auga para uso persoal, para beber, para cociñar, etc. 2) As etapas do proceso de depuración da auga son: Filtración : reixas que manteñen madeiras, plásticos, cartón, paus, follas, etc. Desareado e desengraxado : retíranse as partículas de tamaño areoso que se depositan no fondo, e o material flotante. Decantación primaria : extráense as graxas e lodos ou lamas, en tanques circulares mediante decantación. Tratamento biolóxico : os microorganismos degradan a materia orgánica. Decantación secundaria : a materia orgánica e os microorganismos deposítanse formando lodos que se extraen. A auga obtida, aínda que estea depurada, non é potable se non se potabiliza. a) Dixestión de lodos : en depósitos pechados os lodos sométense a reaccións de fermentación e estabilízase a materia orgánica.  b) Secado de lodos : realízase mediante procesos como a calor a presión; adición de compostos, como cal: centrifugación ou ...

TEMA 8 páx 149 (1-2)

1) A principal diferenza é que a agricultura tradicional fai uso de produtos químicos. Fan uso de praguicidas para erradicar as pragas que lle fan dano nos cultivos da agricultura tradicional. 2) Comunicacións, recreativo e asentamentos humanos. Si como por exemplo o uso industrial, o uso para a extracción de recursos ou o uso forestal.

TEMA 8 páx 146 e páx 147 (1-3-4)

Imagen
1) A peste negra afectou moito na poboación debido a que pola culpa desta epidemie que era contaxiosa, morreu moita xente e iso creou unha diminución na poboación. 3) Os recursos renovables son aqueles cuxa capacidade de rexeneración é máis rápida que o ritmo ao que se explotan e consomen e son inesgotables a escala humana (ex.: a enerxía solar e o vento). Os recursos non renovables son aqueles que existen nunha cantidade fixa na natureza e se xeran de forma lenta, mediante procesos xeolóxicos, físicos ou químicos que teñen lugar ao longo de millóns de anos e rexenéranse máis lentamente do que se explotan e consomen (ex.: os minerais e o carbón).   4)  Renovables : luz solar. Potencialmente renovables : árbore, atún. Non renovables : mineral de ferro, petróleo.