TEMA 5 páx 91 (1 - 2 - 3 - 4)
1) Algúns cambios anatómicos que tiveron lugar no proceso de hominización son:
- Adquisición dunha postura bípede ou ergueita.
- Cambio da función das extremidades.
- Remodelación do rostro e da dentición.
2) Débese a un cambio climático polo cal se pasou dunha selva arborizada á árida sabana e que obrigou a un grupo de primates a abamdonar a súa vida nos árbores para camiñar en grandes espazos abertos. O bipedismo facilitoulles observar o horizonte por encima das altas plantas herbáceas da sabana, cruzar canles de auga con pouca profundidade e percorrer grandes distancias ao camiñar durante máis tempo.
3) Agora só se destinan unicamente a actividades locomotoras, polo que se alongaron con respecto ás superiores e ao tronco. O pé convértese en plantígrado e o dedo polgar oriéntase paralelo aos outros.
4) Os cambios máis importantes son:
- O sexo, diferenciado doutros animais; gran éxito reproductivo debido á desaparición do celo...
- Un longo período de maduración, existencia de fases que non existen noutras especies...
Comentarios
Publicar un comentario