TEMA 5 páx 87 (1 - 3 - 4)
1) Porque foi proposta por varios autoresque harmonizaron a teoría da selección de Darwin cos descubrimentos en xenética e outras áreas da bioloxía, como a bioquímica e a paleontoloxía.
3) Pois que corresponde á falta real destas formas intermedias e non como din os darwinistas atribúen a que é un rexistro fósil incompleto
4) Gradualismo: a partir da especie ancestral, as especies forman unha liña evolutiva. Como resultado de pequenos cambios durante prolongado tempo prodúcese unha lenta, continua e gradual transformación. A transformación cara a unha nova especie non se realiza en individuos illados, senón que se realiza en toda a poboación.
Neutralismo: baseáse en dous principios que son que moitos dos cambios que se producen no ADN son neutros á selección natural e o outro principio é o azar. O ritmo desta evolución é gradual.
Equilibrio puntado: a partir da especie ancestral, as especies seguen varias liñas evolutivas, non soamente unha. A transformación prodúcese a saltos e altérnanse as etapas de especiación con períodos de estase e, a transformación cara a nova especie, realízase a partir do illamento dunha poboación pequena tras grandes extincións de especies.
Comentarios
Publicar un comentario