Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

TEMA 6 páx 119 (1-2-3-4)

1)  Os sacos aéreos son pulmóns con extensións para que acumulen aire os paxaros. 2) Porque, en cambio, posúen garras, ventosas ou espiñas que serven para adherirse ao hóspede. 3) Que o letargo non dura os meses que dura a hibernación. Na hibernación, os que a fan, chegan a perder completamente os sentidos e dan a sensación de que están mortos. Pero no letargo poden despertar en calquera momento. 4) Son os seguintes: Sistemas respiratorios capaces de captar o osíxeno do aire. Sistemas de transporte e extremidades máis fortes. Esqueleto para desprazarse e manterse ergueitos. Esteuturas para a captura de alimentos e a reprodución. Cambios de temperatura corporal.

TEMA 6 páx 117 (1-2-3-4-5)

1) A vexiga natatoria é un órgano que posúen algúns peixes que ao encherse ou baleirarse de gas permítelles ascender ou descender dentro da auga. 2) As adaptacións etolóxicas son as adaptacións de comportamento. 3) Unhas extremidades transformadas en aletas ou dispoñen de membranas interdixitais para desprazarse e os peixes posúen branquias e algúns invertebrados acuáticos anfibios captan o osíxeno  por difusión para poder respirar. 4) Si, porque (por exemplo) nos nenúfares, na epiderme superior teñen abundantes estomas mentres que na epiderme das follas mergulladas na auga hai ausencia de estomas. 5) Emiten sons e ultrasons para poderse comunicar entre eles e poder detectar ás súas presas.

TEMA 6 páx 115 (1-2-3-4)

1) Non. O deserto é sinónimo de un lugar con escasas precipitacións. 2) Si como en algunhas zonas de Andalucía. 3) Orquídeas: bosque tropical Liques: tundra Queiroa: taiga Sobreiras: bosque mediterráneo 4) Na chegada das temperaturas frías, as árbores provocan a caída das follas.

TEMA 6 páx 113 (1-2-3-4-5-6)

1)  Poden ser de 4 tipos: Coloniais: esponxas. Sociais: abellas. Familiares: gorilas. Gregarias: bandadas de aves. 2) Compiten pola luz, o espazo, a comida ou a parella para reproducirse 3) Teñen unha relación interespecífica. Resulta prexudicado o hóspede. 4) As relacións intraespecíficas son as que se establecen entre individuos da mesma especie e as relacións interespecíficas son as que se establecen entre individuos de distinta especie. 5)  Pertencen ás relacións interespecíficas e dentro destas relacións pertence á depredación. 6) Denomínase mutualismo como no caso dos liques cos fungos. Os liques fabrican materia orgánica e o fungo permite a fixación ao substrato.

TEMA 6 páx 107 (1 - 2 - 3 - 4)

Imagen
1) As zonas húmidas españolas máis importantes son: Parque Nacional de Doñana. Parque Nacional Tablas de Daimiel. Laguna de Gallocanta (Aragón). Parque Natural del Delta del Ebro (Tarragona). Parque Natural de la Albufera (Comunidad Valenciana). Ses Feixes (Ibiza). 2) As plantas son capaces de orientar as súas follas cara á luz ou rubir; algunhas árbores desenvolven follas moi grandes e determinadas plantas medran sobre o tronco doutras de gran tamaño para conseguir unha mellor iluminación. Tamén inflúe na floración, na caída das follas e na transpiración das plantas. 3) Segundo sexa doce, salobre ou salgada, en cada tipo de ecosistema acuático desenvolveránse distintas especies de seres vivos. 4)  Porque pertencen a bosques con zonas húmidas das illas.

TEMA 6 páx 111 (1 - 2 - 3 - 4)

Imagen
1) Os factores edáficos determinan o desenvolvemento da vexetación e a localización dos ecosistemas. 2) A luz e o osíxeno 3) A zona fótica é a zona iluminada e a zona afótica é a zona con ausencia total ou parcial de luz. Están relacionados co medio acuático. 4) O rango de tolerancia é a capacidade de vivir dentro de certos límites de condicións ambientais e o nivel óptimo é o máximo desenvoñvemento nuns valores concretos.

TEMA 6 páx 109 (1 - 2 - 3 - 4)

Imagen
1)   Os factores climáticos (a temperatura e a humidade), os factores físicos e químicos (a luz, a salinidade, a presión e a concentración de osíxeno) e os factores relacionados co solo. 2) Porque canto máis sobes na altitude ou baixando na latitude do mar, por exemplo, o clima e a humidade irán cambiando o que significa que o ecosistema vai cambiando con respecto ao que está por exemplo ao pé da montaña. Na imaxe das frechas poño o exemplo de como vai variando o osíxeno segundo a cantidade de altitude que vaias alcanzando. Canta máis altitude vaias alcanzando, haberá menos osíxeno 3) Nas zonas cálidas, con moita luz e sitios que non son moi húmidos. Son exemplos as Illas Canarias, as Illas Baleares, en Andalucía, etc. 4) A luz, a temperatura, a humidade, etc.

TEMA 6 páx 105 (1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6)

Imagen
1) Un sistema é un conxunto de elementos interrelacionados que funcionan de maneira coordinada. Un ecosistema é un sistema constituído por organismos que se relaciona de seu e co espazo no que se instalan. 2) A Terra é un sistema integrado por distintos elementos físicos e biolóxicos independentes, moi complexos e que se manteñen nun equilibrio inestable. 3) Nun acuario caseiro estarán na biocenose sería os peixes e as plantas (en caso de que haxa plantas acuáticas) que están no acuario e no biótopo atópase a auga na que poden vivir os peixes e o recipiente no que se manteñen tanto a auga e os peixes. 5) Non porque os criterios que se utilizaron están ben estudados e ben aplicados. 6) Os bosques son un ecosistema no que vive unha comunidade que é formada polas agrupacións de poboacións de distintas especies entre as que se establecen relacións de interdependencia.

TEMA 5 páx 91 (1 - 2 - 3 - 4)

Imagen
1) Algúns cambios anatómicos que tiveron lugar no proceso de hominización son: Adquisición dunha postura bípede ou ergueita. Cambio da función das extremidades. Remodelación do rostro e da dentición. 2) Débese a un cambio climático polo cal se pasou dunha selva arborizada á árida sabana e que obrigou a un grupo de primates a abamdonar a súa vida nos árbores para camiñar en grandes espazos abertos. O bipedismo facilitoulles observar o horizonte por encima das altas plantas herbáceas da sabana, cruzar canles de auga con pouca profundidade e percorrer grandes distancias ao camiñar durante máis tempo. 3)   Agora só se destinan unicamente a actividades locomotoras, polo que se alongaron con respecto ás superiores e ao tronco. O pé convértese en plantígrado e o dedo polgar oriéntase paralelo aos outros. 4) Os cambios máis importantes son: O sexo, diferenciado doutros animais; gran éxito reproductivo debido á desaparición do celo... Un longo período de mad...

TEMA 5 páx 87 (1 - 3 - 4)

1) Porque foi proposta por varios autoresque harmonizaron a teoría da selección de Darwin cos descubrimentos en xenética e outras áreas da bioloxía, como a bioquímica e a paleontoloxía. 3) Pois que corresponde á falta real destas formas intermedias e non como din os darwinistas atribúen a que é un rexistro fósil incompleto 4) Gradualismo : a partir da especie ancestral, as especies forman unha liña evolutiva. Como resultado de pequenos cambios durante prolongado tempo prodúcese unha lenta, continua e gradual transformación. A transformación cara a unha nova especie non se realiza en individuos illados, senón que se realiza en toda a poboación. Neutralismo : baseáse en dous principios que son que moitos dos cambios que se producen no ADN son neutros á selección natural e o outro principio é o azar. O ritmo desta evolución é gradual. Equilibrio puntado : a partir da especie ancestral, as especies seguen varias liñas evolutivas, non soamente unha. A transformación prodúcese a ...