TEMA 5 páx 85 (1 - 2 - 3)




1) A función crea o órgano e os órganos ou os caracteres adquiridos durante a vida hérdanse.


2) Porque os caracteres adquiridos por un individuo ao longo da súa vida, polo uso ou desuso, non se transmiten á descendencia, xa que só se herdan aqueles cuxa información se atopa nos xenes.




3) Son 4 as ideas principais:
  •  Entre os organismos existe unha loita pola supervivencia.
  •  Existe unha gran variabilidade entre os individuos dunha mesma poboación. 
  •  O medio selecciona aos organismos mellor adaptados.
  •  As especies evolucionan.
Darwin explica a evolución das xirafas da seguinte maneira: nunha poboación orixinal de xirafas existe certa variabilidade entre os individuos. Algúns deles posúen as patas e o pescozo máis longos que outros. En épocas desfavorables as xirafas coas patas e co pescozo máis longos poderán alcanzar as follas máis altas das árbores das árbores para comer e as demais morrerán. Co tempo, de maneira gradual e xeración tras xeración, na poboación haberá cada vez máis xirafas coas patas e co pescozo longos.
Esta teoría diferénciase da de Lamarck porque na teoría de Lamarck dicía que as xirafas primitivas tiñan as patas de lonxitude normal e o pescozo curto e alimentábanse das follas baixas das árbores. Pero en épocas de seca escaseaban as follas e as xirafas alongaron o pescozo e as patas para alcanzar as follas máis altas das árbores.












 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 6 páx 109 (1 - 2 - 3 - 4)

TEMA 4 pax 63 (1 - 2 - 3 - 4)

TEMA 2 - O ciclo de vida da célula