TEMA 5 páx 81 (1 - 2 - 3)
1) A xeración espontánea dicía que a vida na Terra xurdiu a partir de materia inerte que espontaneamente se transformaba para orixinar materia viva. Esta teoría estivo vixente tantos anos debido ao recoñecido prestixio de Aristóteles.
2) Redi colocou anacos de carne en varios recipientes, algúns deles cubriunos con unha gasa moi fina (c) que deixaba pasar o aire e outros con pergamiño (b) que non o deixaba pasar.
Ao cabo dos días comprobou que nos recipientes abertos medraran larvas de moscas sobre a carne, mentres que nos frascos pechados só se observaba o proceso de descomposición da carne.
Deixou algúns fracos sen cubrir (a) para descubrir e demostrar que os vermes non aparecen por xeración espontánea senón porque as moscas entraron en contacto coa carne e depositaron os ovos nela.
3) Louis Pasteur demostrou, definitivamente, que non existe a xeración espontánea.
- Verteu caldo de carne en dous matraces A e B e mediante o uso dunha chama curvou o pescozo dos matraces ata darlles forma de "S" para que puidese entrar o aire e os microorganismos quedasen atrapados na curvatura para poder demostrar que son os microorganismos do aire son os que descompoñen os medios de cultivo.
- Ferveu o caldo dos matraces para esterilizalo.
- Despois de varias semanas, advertiu de que en ningún dos dous medios de cultivo se desenvolverían microorganismos. Despois cortou o pescozo dun dos matraces (a). Ao cabo de pouco tempo, o caldo do matraz aberto enturbouse e ao observalo co microscopio atopou unha gran cantidade de microorganismos, mentres que o caldo do matraz pechado (b) permanecía intacto.
Comentarios
Publicar un comentario