Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

TEMA 5 páx 89 (1 - 2)

1) Existen 5 probas clásicas que avalan o feito da evolución: Probas anatómicas. Probas bioxeográficas.  Probas embriolóxicas. Probas paleontolóxicas. Probas moleculares. 2) A especie que menos diferenzas presenta respecto á especie humana é o chimpancé e a que máis diferenzas presenta é o cabalo.

TEMA 5 páx 85 (1 - 2 - 3)

Imagen
1) A función crea o órgano e os órganos ou os caracteres adquiridos durante a vida hérdanse. 2) Porque os caracteres adquiridos por un individuo ao longo da súa vida, polo uso ou desuso, non se transmiten á descendencia, xa que só se herdan aqueles cuxa información se atopa nos xenes. 3) Son 4 as ideas principais:  Entre os organismos existe unha loita pola supervivencia.  Existe unha gran variabilidade entre os individuos dunha mesma poboación.    O medio selecciona aos organismos mellor adaptados.  As especies evolucionan. Darwin explica a evolución das xirafas da seguinte maneira: nunha poboación orixinal de xirafas existe certa variabilidade entre os individuos. Algúns deles posúen as patas e o pescozo máis longos que outros. En épocas desfavorables as xirafas coas patas e co pescozo máis longos poderán alcanzar as follas máis altas das árbores das árbores para comer e as demais morrerán. Co tempo, de maneira gradual e xeración tras x...

TEMA 5 páx 83 (1 - 2)

Imagen
1) As teorías fixistas son o fixismo e o creacionismo. Sostiñan que as especies non cambian e que se manteñen fixas ao longo do tempo. Segundo estas teorías as especies que poboan a Terra, serían desde a súa orixe, tal como as coñecemos, sen ningún tipo de variación. Pero o descubrimento de fósiles fixo que se tivese que crear a teoría do catastrofismo que defendía que durante ao longo da historia da Terra tiveron lugar catástrofes naturais a escala planetaria que causaron a extinción súbita de especies que se mantiveron sen cambiar durante moito tempo. 2) Que os cambios dos seres vivos se deben á alimentación, ao clima, ao medio físico ou á domesticación. Leclerc recoñeceu que as especies experimentaban variacións e que algunhas desapareceran.

TEMA 5 páx 81 (1 - 2 - 3)

Imagen
1) A xeración espontánea dicía que a vida na Terra xurdiu a partir de materia inerte que espontaneamente se transformaba para orixinar materia viva. Esta teoría estivo vixente tantos anos debido ao recoñecido prestixio de Aristóteles.  2) Redi colocou anacos de carne en varios recipientes, algúns deles cubriunos con unha gasa moi fina ( c ) que deixaba pasar o aire e outros con pergamiño ( b ) que non o deixaba pasar. Ao cabo dos días comprobou que nos recipientes abertos medraran larvas de moscas sobre a carne, mentres que nos frascos pechados só se observaba o proceso de descomposición da carne.  Deixou algúns fracos sen cubrir ( a ) para descubrir e demostrar que os vermes non aparecen por xeración espontánea senón porque as moscas entraron en contacto coa carne e depositaron os ovos nela.   3) Louis Pasteur demostrou, definitivamente, que non existe a xeración espontánea.  Verteu caldo de carne en dous matraces A e B e mediante o uso...