2ª trimestre TEMA 4 páx 61 (1 - 2 - 3 - 4)
1) Son complementarias polo feito da unión das dúas cadeas de nucleótidos, a través de enlaces entre as bases nitroxenadas A-T e C-G e que no proceso de replicación serven como molde para crear novas cadeas coa mesma base.
2) Se unha das cadeas ten AAGCCATTG como base, a base da cadea complementaria será TTCGGTAAC.
3) Se unha molécula de ADN posúe un 20% de citosina, a guanina posuirá a mesma porcentaxe debido a que estas dúas bases son complementarias e a adenina e a timina posuirán a mesma %.
4) A replicación do ADN é o proceso onde se poden formar as dúas cromátides idénticas dos cromosomas que se poden observan durante a metafase da mitose. Ten lugar no núcleo durante a fase S da interfase do ciclo celular.
A replicación semiconservadora consiste en que cando se replica o ADN, as moléculas de ADN creadas nesta replicación posúen unha das cadeas orixinais e unha nova. Deste modo, cada unha das dúas cadeas de ADN serve como molde para producir outra nova cadea.
Comentarios
Publicar un comentario