TEMA 2. Pax 25 exercicios (1,2,3,4,5,6)



1) A interfase ocupa a maior parte da vida da célula. É unha etapa de crecemento e de grande actividade metabólica. Distínguense 3 fases nas que se vai desenvolvendo a célula pouco a pouco.

2) É moi importante que se duplique o ADN antes da división celular para que os cromosomas pasen a estar formados por dúas cromátides idénticas.

3) Para que se calcule ben o tempo que lle leva a cada etapa facer o seu proceso porque algunhas poden ser máis tardías ca outras e tamén depende da complexidade do traballo que haxa en cada fase e tamén depende da cantidade de veces que se divide.

4) Cando ocorre a división celular, hai un sistema de control que regulan cando debe dividirse cada célula. Se o sistema de control falla, por consecuencia as células poden comezar a dividirse incontroladamente dando lugar a unhas masas celulares denominadas tumores.

5) Se se está a tempo de poder controlar o tumor, pódese extirpalo mediante unha operación ou senón facendo o tratamento de radioterapia ou o de quimioterapia para que non se extenda polo resto das células.

6) Unha mamografía é unha exploración radiográfica das mamas dunha muller.

Comentarios

Entradas populares de este blog

TEMA 6 páx 109 (1 - 2 - 3 - 4)

TEMA 4 pax 63 (1 - 2 - 3 - 4)

TEMA 2 - O ciclo de vida da célula