TEMA 2 - páx 23 exercicios (1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7)
1) Un cromosoma contén unha soa molécula de ADN.
2) Non ten cromosomas.
3) O cromosoma está formado pola condensación da cromatina e que forman fibras máis curtas e grosas; atópase no núcleo celular e posúen a información xenética que debe transmitir ás células fillas en cada división celular.
A cromátide é o resultado da duplicación do ADN durante a división celular.
O centrómero une ás dúas cromátides que son idénticas.
O xene é un pequeno segmento da longa molécula de ADN. É a unidade xenética que determina as características herdables de cada individuo.
Os cromosomas homólogos son aqueles cromosomas que teñen o mesmo carácter, é dicir, teñen os xenes para o mesmo carácter na mesma posición.
4) Os xenes atópanse nos cromosomas.
5) Cada individuo posúe 46 cromosomas, é dicir, 23 hérdanse da nai e os outros 23 do pai. En total son 23 parellas de cromosomas homólogos.
6) Os homes teñen o cromosoma sexual XY e as mulleres teñen o cromosoma sexual XX.
7) As células diploides son os cromosomas e as únicas células haploides que existen son os gametos.
Comentarios
Publicar un comentario