Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

TEMA 2. pax 31

1) Mitose: permite aos individuos medrar e renovar os seus tecidos; as células orixinadas por este proceso son xeneticamente idénticas ás da célula proxenitora. Meiose: prodúcense gametos haploides; mantén constante o n° de cromosomas dos individuos e da especie durante a reprodución sexual; aumenta a variabilidade xenética dos individuos. 2) Os cromosomas homólogos distribúense ao azar entre os futuros gametos. 3) Nos órganos sexuais, xenes e cromosomas. 4) Os espermatozoides están formados por 4 células haploides; a metade terán un cromosoma sexual X e a outra metade Y. Os óvulos están formados por 4 células haploides coa maior parte do citoplasma e tres corpúsculos polares; todos os óvulos teñen un cromosoma sexual X

TEMA 2. Pax 29

1) Que non se diría que se poderían unir o óvulo e o espermatozoide na fecundación 2) Porque a partir dunha célula diploide prodúcense 4 células fillas haploides. 3) Nas cromátides dos cromosomas homólogos. Prodúcese o entrecruzamento. 4) A recombinación xenética é o resultado do entrecruzamento polo intercambio de material xenético entre cromátides de cromosomas homólogos. 5) Porque na reprodución asexual créanse clons.              O RESULTADO DA REPRODUCIÓN ASEXUAL É QUE O FILLO É IGUAL AO CREADOR DEBIDO A QUE SÓ HAI UN INDIVIDUO QUE SE REPRODUCE

TEMA 2. Pax 27 exercicios (1,2,3,4,5,6,7)

1) Os cromosomas ánclanse ás fibras do fuso e estas controlan a separación das cromátides e o seu desprazamento cara ás futuras células fillas. 2) Para que as fibras do fuso que se acurtan poidan arrastrar ás cromátides aos polos da célula na anafase. 3)  Nas células animais créase un anel contráctil de actins e miosina que produce un suco de segmentación que vai estrangulando á celula nai ata que as 2 células fillas se fan independentes. Nas célulad vexetais, a citocinese non se produce por estrangulamento debido á rixidez da parede celular; non hai existencia de anel contráctil. 4)  Os cromosomas insírense nos microtúbulos do fuso e dispóñense no centro da célula na metafase e na anafase as fibras acúrtanse e arrastran ás cromátides aos polos da célula. 5)  Porque na telofase descondénsanse para formar a cromatina. 6)  Porque produce células fillas idénticas. Un exemplo é o das estrelas de mar que a partir dun brazo pode crear outra estrela de mar

TEMA 2. Pax 25 exercicios (1,2,3,4,5,6)

Imagen
1)  A interfase ocupa a maior parte da vida da célula. É unha etapa de crecemento e de grande actividade metabólica. Distínguense 3 fases nas que se vai desenvolvendo a célula pouco a pouco. 2)  É moi importante que se duplique o ADN antes da división celular para que os cromosomas pasen a estar formados por dúas cromátides idénticas. 3)  Para que se calcule ben o tempo que lle leva a cada etapa facer o seu proceso porque algunhas poden ser máis tardías ca outras e tamén depende da complexidade do traballo que haxa en cada fase e tamén depende da cantidade de veces que se divide. 4)  Cando ocorre a división celular, hai un sistema de control que regulan cando debe dividirse cada célula. Se o sistema de control falla, por consecuencia as células poden comezar a dividirse incontroladamente dando lugar a unhas masas celulares denominadas tumores. 5)  Se se está a tempo de poder controlar o tumor, pódese extirpalo mediante unha operación ou senón facendo o...

TEMA 2 - páx 23 exercicios (1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7)

Imagen
1) Un cromosoma contén unha soa molécula de ADN. 2) Non ten cromosomas. 3)  O cromosoma está formado pola condensación da cromatina e que forman fibras máis curtas e grosas; atópase no núcleo celular e posúen a información xenética que debe transmitir ás células fillas en cada división celular. A cromátide  é o resultado da duplicación do ADN durante a división celular. O centrómero une ás dúas cromátides que son idénticas. O xene  é un pequeno segmento da longa molécula de ADN. É a unidade xenética que determina as características herdables de cada individuo. Os cromosomas homólogos  son aqueles cromosomas que teñen o mesmo carácter, é dicir, teñen os xenes para o mesmo carácter na mesma posición. 4)  Os xenes atópanse nos cromosomas. 5) Cada individuo posúe 46 cromosomas, é dicir, 23 hérdanse da nai e os outros 23 do pai. En total son 23 parellas de cromosomas homólogos. 6) Os homes teñen o cromosoma sexual XY e as mulleres teñen o cro...