1) Os factores climáticos (a temperatura e a humidade), os factores físicos e químicos (a luz, a salinidade, a presión e a concentración de osíxeno) e os factores relacionados co solo. 2) Porque canto máis sobes na altitude ou baixando na latitude do mar, por exemplo, o clima e a humidade irán cambiando o que significa que o ecosistema vai cambiando con respecto ao que está por exemplo ao pé da montaña. Na imaxe das frechas poño o exemplo de como vai variando o osíxeno segundo a cantidade de altitude que vaias alcanzando. Canta máis altitude vaias alcanzando, haberá menos osíxeno 3) Nas zonas cálidas, con moita luz e sitios que non son moi húmidos. Son exemplos as Illas Canarias, as Illas Baleares, en Andalucía, etc. 4) A luz, a temperatura, a humidade, etc.
1) O código xenético detemínao a secuencia de tres nucleótidos (triplete), é un código dexenerado, hai tres tripletes que non codifican para ningún aminoácido e o código xenético é universal. Lys (lisina). 2) ACGTAGGCAATTGGCT. 3) A transcrición é o proceso polo que a secuencia de nucleótidos dun xene de ADN se copia nunha molécula de ARN mensaxeiro. As bases U, G, C e A do ARNm, únense ás bases A, C, G e T do ADN respectivamente. Así cópiase a información xenética da cadea codificante de ADN, na molécula de ARNm. A tradución é o proceso polo que se realiza a unión dos aminoácidos na secuencia ditada polos tripletes do ARNm, e segundo as claves do código xenético. Realízase nos ribosomas.
TEMA 1 1) Unha proteína é unha biomolécula de gran tamaño que están formadas por distintas combinacións de aminoácidos . As encimas son unhas proteínas que levan a cabo a regulación das reaccións do metabolismo. 2) Os nucleótidos son unhas moléculas moi pequenas. Cada nucleótido está formado pola unión dunha molécula de monosacárido, unha molécula de ácido fosfórico e unha molécula dunha base nitroxenada. 3) Unha das cadeas dunha moléculas de ADN ten a secuencia de bases TACGCTAATCGG a outra será GGCTAATCGGAT. 4) O ARN mensaxeiro é un tipo de ARN que ten a información necesaria para a síntese dunha proteína e, leva esa información aos ribosomas .
Comentarios
Publicar un comentario