Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

TEMA 1 - Exercicios páx.11 (1 - 2)

Imagen
TEMA 1 1) Os orgánulos ou estruturas da célula animal que presentan membrana son: Retículo endoplasmático (liso e rugoso) Aparato de Golgi Lisosomas e peroxisomas Vesículas    2) A parede celular está elaborada por celulosa e outras moléculas. Está pagada á membrana plasmática e a súa función é protexer á célula da presión producida pola absorción de auga por osmose. Posúe uns orificios ( plasmodesmos )  que permiten o paso de moléculas entre as células contiguas.        

TEMA 2 - O ciclo de vida da célula

Imagen
                 O ciclo de vida dunha célula O ciclo celular é o conxunto de acontecementos que teñen lugar na célula dende que se forma ata que se divide. Consta de dúas etapas: interfase e división celular . INTERFASE É unha etapa de crecemento, de gran actividade metabólica e que ocupa a maior parte da vida da célula. Diferéncianse tres fases: G 1 : comezo da síntese de proteínas. Increméntase o volume do citoplasma, o tamaño e o número dos seus orgánulos. As células que non se dividen detéñense nesta etapa do ciclo celular .    Fase S (síntese) : prodúcese a duplicación do ADN e os cromosomas pasan a estar compostos por dúas cromátides idénticas   G 2 : produción de novos orgánulos e a célula prepárase para a división .   DIVISIÓN CELULAR Denomínase fase M. É unha etapa breve na vida da célula e comprende dúas fases: Mitose ( ou a división do núcleo ): coa re...

TEMA 1 - Exercicios páxina 9 (1 - 2 - 3 - 4 - 5)

Imagen
TEMA 1 1) As células procariotas teñen as seguintes características: Non teñen núcleo . Teñen unha membrana plasmática formada por unha bicapa de lípidos, proteínas e glícidos e, ao redor da membrana, poden presentar unha parede celular ou unha cápsula que a protexe contra as variacións do medio. Posúen ribosomas no seu citoplasma. Os pelos permítenlle unirse a outras bacterias ou ao medio no que se atopan.      Os plásmidos son pequenos fragmentos de ADN. 2) Un virus son estruturas acelulares formadas por un ácido nucleico (ADN ou ARN) e por proteínas. Non están consideradas como ser vivo debido a que só compartimos unha mesma característica que é a capacidade de reprodución. 3) 3 diferenzas entre as células procariotas e as células eucariotas son: O núcleo : só o contén as células eucariotas. Os pelos : só os conteñen as células procariotas. Modelos : só os teñen as células eucariotas. Son dous: célula animal e célula vexetal ....

TEMA 1 - Exercicios páxina 7 (1 - 2 - 3 - 4)

Imagen
TEMA 1 1) Unha proteína é unha biomolécula de gran tamaño que están formadas por distintas combinacións de aminoácidos . As encimas son unhas proteínas que levan a cabo a regulación das reaccións do metabolismo. 2) Os nucleótidos son unhas moléculas moi pequenas. Cada nucleótido está formado pola unión dunha molécula de monosacárido, unha molécula de ácido fosfórico e unha molécula dunha base nitroxenada.     3) Unha das cadeas dunha moléculas de ADN ten a secuencia de bases TACGCTAATCGG a outra será GGCTAATCGGAT. 4) O ARN mensaxeiro é un tipo de ARN que ten a información necesaria para a síntese dunha proteína e, leva esa información aos ribosomas .